PRIMEIROS ENCONTROS DOS CLUBS DE LECTURA

Chegamos á fin deste primeiro trimestre non sen antes comezar coas primeiras reunións dos Clubs de lectura. Ao longo desta última semana terán lugar xuntazas dos diferentres grupos sendo un deles o club de 3º de ESO que finalmente decantouse pola lectura da novela curta en galego Remexido de patacas de Eli Ríos.
Esta novela, que resultou vencedora no XL Premio Modesto R. Figueiredo, apela directamente ás nosas conciencias en relación ao tema da violencia de xénero. A protagonista é unha muller como podería ser calquera outra que recibe violencia por parte da súa parella, un home que era un amor cando se coñeceron, pero ao que non se semella o marido que é no presente; ela xa non é quen de lembrar cando a liña se torceu e comezou a debacle, cando se anulou como persoa; mais a nosa protagonista será quen de reaccionar e de sorprendernos. Trátase dunha novela que nos asombra pola dureza do tema, unha historia de violencia, desigualdade e sumisión, aínda que tratada cunhas pingas de humor negro e retranca.

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"