MARIE CURIE

 Marie Curie (1867-1934)

Unha pioneira. Unha revolucionaria. Unha inconformista. Unha traballadora incansable. Unha científica con maiúsculas.

Para min, unha figura fascinante. Por iso, permitídeme que vos suxira acercarvos a ela a través do cine. Neste mes de decembro estreouse unha nova película sobre madame Curie, dirixida por Marjane Satrape - autora tamén de Persépolis -.


Dirección: Marjane Satrapi 
Reparto: Rosamund Pike, Sam Riley, Anya Taylor-Joy, Aneurin Barnard, Simon Russell Beale 
Título orixinal: Radioactive 
País: Reino Unido 
Ano: 2019 
Data de estrea: 04-12- 2020 
Xénero: Biográfico 
Guion: Jack Thorne 
Fotografía: Anthony Dod Mantle
Sinopse: París, 1893. Marie, unha brillante e rebelde científica disposta a cambiar a forma de entender a ciencia, deberá enfrontarse contra a élite académica para levar a cabo as súas investigacións. Despois de unir forzas con Pierre Curie para potenciar os seus estudios, descubre a radiactividade converténdose no centro de atención internacional. Sen embargo, a súa vida dá un xiro inesperado e deberá enfrontarse aos efectos transformadores dos seus descubrimentos cambiando o curso da historia.
                                                       Reseña extraída da revista de cine Fotogramas



Pero se queredes ler un dossier moi completo sobre Marie Curie e o seu contexto histórico teño máis recomendacións. A revista MUY HISTORIA, no nº 7 da súa edición coleccionista , sacou unha xoia sobre esta renomeada científica.


Déixovos unhas liñas escritas por esta extraordinaria muller que reflicten o seu compromiso social e o seu carácter humanista:

"Non se pode construir un mundo mellor sen que antes melloren os individuos. Por isto cada un de nós debe esforzarse por mellorar, e aceptar a responsabilidade de mellorar o conxunto da humanidade..."









Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"