CONCURSO DE ANINOVO

 RECIBE O NOVO ANO CUNHA APERTA LITERARIA!



O 2020 toca ao seu fin... foi un ano de moooitas experiencias novas, e algunhas novidades chegaron para cambiarnos a vida. Este ano remata cheo de imaxes que gardaremos para o recordo pero chega o momento de recibir con optimismo o 2021!! 

O departamento de Dinamización Lingüística e o Equipo de Biblioteca propoñémosvos materializar o cariño polos que nos rodean en forma de agasallo literario. Recibamos este ano cunha imaxe acompañada dunha cita literaria. Podes escoller un pequeno fragmento dunha lectura que te chamase a atención polo que para ti significa, ou citar un pensamento dalgún escritor. 

Unha vez que teñades a imaxe, colgádela no Instagram co hashtag #apertaliteraria# e etiquetades a Biblioaponte. Preferentemente a cita ha de ser en Galego. 

Terás todas as vacacións para pensalo, ata o 15 de xaneiro!


"Dende aquí vexo un camiño
Que non sei adonde vai;
Polo mismo que n´o sei,
Quiexera o poder andar"
Rosalía de Castro


Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"