TAL DÍA COMO HOXE... fai 65 anos

            O 1 de decembro de 1955 dábase o primeiro paso en favor da igualdade racial. O lugar: a cidade de Montgomery, capital do estado de Alabama, ao sur dos Estados Unidos. A protagonista; Rosa Park, muller de raza negra que traballaba como costureira duns grandes almacéns. Ela foi a encargada de plantar a “semente do  cambio” cando, ao saír do traballo, se negou a renunciar ao seu asento dun autobús para deixarlle o sitio a un pasaxeiro branco.

      Era o momento no que estaban vixentes as chamadas “Leis de Jim Crown” que respaldaban duras medidas de segregación racial. Entre elas regulábase como as persoas debían colocarse nos autobuses: mentres os brancos comezarían a ocupar as filas dianteiras os negros sentarían nas últimas filas. En caso de completarse as prazas entraría en xogo a cor da pel: si eras negro irías de pe, si eras branco unha persoa da fila dos negros deberían levantarse para que ti sentaras.

             Aquel 1 de decembro de fai 65 anos o autobús comezou a completarse ata o chegar o momento temido.  Rosa Parks negouse a levantarse e ceder o seu asento a un branco que acababa de subir ao vehículo. O  condutor parou o autobús e ameazou a Parks: ou baixaba do autobús ou chamaría á policía. Esa noite foi arrestada e, posteriormente, condenada por transgredir o ordenamento municipal.

    Pasado o tempo Rosa Parks xustificou os seus actos alegando que “estaba cansa”. Así aludía non só ao desgaste físico senón á frustración que xeraba o feito de ser tratada como unha cidadá de segunda clase. Un sentimento que entenderon rapidamente todos ese cidadáns considerados “de cor” (afrodescendentes, indíxenas, orientais, etc).

            O que comezou como unha “rebeldía persoal” acabou converténdose nunha loita de masas. A mesma noite dos feitos repartiuse un folleto no que se instaba á poboación negra a non empregar o transporte público. A mensaxe era clara.  A mañá seguinte multiplicáronse as reunións e tomaba forza a “revolución pola igualdade de dereitos”. Eses “luns” de protesta durou máis de un ano (381 días): os cidadáns uníronse de forma pacífica á protesta, atoparon alternativas de transporte (taxis, camionetas e bicicletas) e o boicot supuxo que a compañía de transportes reducira os beneficios que recibía do 70% dos seus usuarios habituais.

Finalmente, en novembro de 1956, o Tribunal Supremo dos Estados Unidos declarou inconstitucional a segregación racial nos autobuses. A orde do Tribunal Supremo chegou a Montgomery o 20 de decembro e o día 21 a poboación segregada volveu a subir aos autobuses sentando, agora, onde quixeron. Aquel mesmo día Rosa Parks declarou o seguinte: 

Non tiña nin idea do que os meus actos ían provocar. Cando me arrestaron non sabía como reaccionaría a comunidade. Gustoume que fixeran o que fixeron ao non subirse aos autobuses”.

Anos máis tarde, no 1992, sería Rosa a encargada de contar a súa propia historia nun libro(“My Story”) e a súa voz tomaría forza en outras obras con títulos que resoan como frases de guerra:

- Quiet Strength: The Faith, the Hope, and the Heart of a Woman Who Changed a Nation (1994)

- I Shall Not Be Moved (1995)

- Dear Mrs. Parks: A Dialogue eith Today´s Youth (1996)

- I am Rosa Parks (1997)

- Rosa Parks: Little People, Big Dreams (2019)

Do que non cabe dúdiba é que esta historia non puido ser silenciada: dou ao salto ao cine no ano 2002 (“Ride to freedom”), recrecouse nunha TV Movie, fai uns meses comezouse a gravar unha biopic da protagonista e inspirou a músicos como o grupo Outkast ou á propia Artetha Franklin


             Nas efemérides deste acontecemento preguntámonos:

Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo?

(Cita de Eduardo Galeano)

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"