NOVA ORDE MUNDIAL

Entre o 4 e o 7 de xuño de 1942, a Armada nipona derrota á frota estadounidense no atol de Midway, esnaquizándolle tódolos seus portaavións e invadindo California, polo que agora Xapón controla os estudos de Hollywood e emite películas, nas que actores e actrices moi coñecidos polo público. Como por exemplo Humphrey Bogart e Ingrid Bergman, aplauden entusiasmados á civilización que traen de Extremo Oriente, namentres que os ingleses, franceses e rusos son presentados como gángsteres, coa cara de Edward G. Robinson. Agora as películas de acción non son do Oeste senón de samurais.
Con esta propaganda, o resto dos norteamericanos convéncese de que o seu presidentes Roosevelt está equivocado ao apoiar aos Aliados é que, pola contra, deben solidarizarse co Eixo. Central Park, o parque de Coney Island e Liberty Island convértense en campos de concentración para os xudeus da Prensa, da Banca e do Cine de Estados Unidos de América. O idioma xaponés está considerado como primeira lingua nas escolas e institutos. Así como os mangas e animes substitúen aos cómics de superheroes e as sitcoms americanas. A música de moda que inunda os salóns e casinos non é o jazz senón o karaoke, cheo de música tradicional. Na vestimenta feminina, o exuberante quimono que consta dunha variedade de cores, estampados e estilos substitúe aos traxes de chaqueta, camisas, e os pantalóns introducidos fai pouco por Coco Chanel. Nos campos de millo utilizarase a soia para cubrilos, e nos portos pesqueiros do leste predominará o salmón mentres que nos do oeste o cultivo de algas será un extenso negocio que elevará o comercio nacional. Non hai prato típico deste país que non leve alga kori. Os restaurantes de comida rápida coma o Macdonalds substituiranse por restaurantes de mesas baixas e tatamis, con pratos coma os dumplings, o sushi, o tataki de salmón e de atún, as gambas rebozadas en ovo e pan de gamba.
A forma de goberno é un vicerreinado dependente do emperador de Xapón e cambia o nome de Estados Unidos de América por Seibu Kyoku Teikoku (Imperio do Extremo Occidente). A Casa Branca será reconstruída como un palacio da Era Meiji, a estatua xigantesca de Abraham Lincoln é cambiada pola do emperador Mutsuhito e o obelisco de Washington pola pagode de Kioto.
O soño americano cámbiase polo método pacífico a base de cultivos de bonsais e ikebanas e negocios. Os xaponeses aproveitaron os coñecementos dos empregados da Bolsa de Wall Street para que o yen non baixara ou se mantivera máis alto que os marcos alemáns. O cambio de dólar a yen levou só uns cinco meses debido á minuciosidade e eficacia dos nipóns e os rápidos e activos americanos. Como falabamos dos negocios, os cambios foron bastante drásticos e máis organizados. Na educación empregaron o espléndido método xaponés, no que aos nenos de dous a seis anos só lles ensinan os modais e a educación. A partir desa idade comezan a coller diversos coñecementos. Ao chegar aos dezaseis, unha carreira é o que deben escoller.     
En setembro de 1942, os alemáns (que xa conquistaran a illa de Malta, en xuño dese ano) gañan na Batalla de Stalingrado, chegando en poucos meses a conquistar toda Siberia: o presidente ruso Stalin réndese a Xapón, quen o mantén prisioneiro na illa de Hiroshima.  
Östlich  Reich, o nome concedido polo novo emperador do Imperio do Leste Hitler, que constituía a antiga Unión Soviética, incluíndo as recén conquistadas repúblicas bálticas (Letonia, Estonia e Lituania), e parte de Finlandia. A bebida nacional da antiga Unión Soviética, tamén chamada a URSS, é a cervexa de Munich, en vez do tradicional vodka. O prato nacional xa non son os blins, nin o caviar, nin o borsh ou o kotleta po-kievsky. Agora é a base de salchichas, Brötchen, Sauerkraut, choucrout, strudel, Frikadellen. 
 
No cinema, o cambio foi radical: os cosacos son derrotados polos cabaleiros xermánicos na maioría das películas sendo os principais actores e actrices recoñecidos mundialmente, tales coma, Lili Marlene e Emil Jannings, amosando a superioridade da raza aria sobre xeorxianos como Stalin. O xénero principal era o de terror, acción e documentais. Estes últimos amosaban, na súa meirande parte, a explotación cruel dos campesiños e obreiros soviéticos a mans dos empresarios e banqueiros xudeus: ao final dos mesmos, xurdía o exército alemán rescatando ao pobo ruso, que entoaba cánticos de xúbilo con música de Wagner (agora no ballet, a Cabalgata das Walkirias substituía ao Lago dos Cisnes, de Tchaikowsky). En economía, o marco substituía ao rublo e na literatura cambiaban o final de “Guerra y Paz” de Tolstoi: o exército prusiano era o que derrotaba a Napoleón, antes de que chegara a Moscova.
 
En xullo dese mesmo ano de 1942, o mariscal Rommel, o “Raposo do Deserto”, vence aos ingleses en El Alamein, entrando no Cairo: Como homenaxe ao Führer, manda erguer un busto xigantesco del ao lado da Esfinxe e das Pirámides. O petróleo da Península Arábiga axúdalle ao III Reich a resistir os ataques dos Aliados, namentres que Mussolini amplía os seus dominios africanos dende Libia ata o Marrocos francés (o Marrocos español segue sendo de Franco, porque é aliado do Eixo).

Os norteamericanos exiliados en Gran Bretaña debido á invasión xaponesa do seu país intentan desembarcar nas praias de Normandía pero unha tempestade destrúe á frota aliada e desorienta aos avións, que, confundidos, desvían o rumbo, bombardeando Londres, Nottingham e Manchester: Os británicos quedan moi desconsolados porque acaba arrasado o palacio de Buckingham, quedando parapléxico o rei Xurxo VI.  

Así como no Seibu Kyoku Teikoku o día nacional deixou de ser o Catro de Xullo e pasou a ser o Kenkoku Kinen-bi, é dicir, o Día da Fundación Nacional do Xapón. Na Unión Soviética  pasou de ser o Dyen' zashchitnika Otechestva, ou sexa, o Día dos Defensores da Patria a ser o 20 de abril, aniversario de Adolf Hitler.

Ao final, só Gran Bretaña resiste un ano máis  pero Hitler envíalles a bomba atómica: Churchill, o primeiro ministro do país, e Harry Truman, o presidente norteamericano no exilio, suicídanse no búnker que hai debaixo do Castelo de Windsor. Agora as Illas Británicas pasan a ser  Westliches Ende Reich (O Imperio do Extremo Occidental), a libra esterlina pasa a converterse no marco ; o café substitúe ao té das cinco e a sobremesa pasa do pastel de carne a ser a tarta Selva Negra. No teatro de Londres, cambian a representación de “Romeo e Xulieta“ de Shakespeare por “Hansel e Gretel“. As badaladas do Big Ben soan agora co himno “ Alemania sobre os ceos“. A saia escocesa é substituída pola saia tirolesa.

Na Conferencia da Torre de Londres, que pon fin á II Guerra  Mundial, o emperador Hirohito, o duce Mussolini e o führer Hitler reparten áreas de influencia no mundo: Xapón queda co continente americano, con capital en San Francisco, no Barrio Oriental, agrupando os antigos países en: Canadá agora é Kita teikoku (Imperio do Norte) ; Chūō teikoku (Imperio Central), que constituían México, Guatemala, Nicaragua, Costa Rica e illas como Cuba, Xamaica, Puerto Rico, etc.; e, Minami no teikoku (Imperio do Sur), que constituían Venezuela, Colombia, Argentina, Brasil, Chile, Perú, etc. Ademais, Hirohito queda con Oceanía, que como principal fonte de comercio baseábase no coral de Australia e a madeira de Nova Zelanda que será Kyokutō Teikoku, é dicir, o Imperio de Extremo Oriente, e co sur de Asia ou Goku Minami no Teikoku (Imperio do Extremo Sur), sendo Pakistán, India, China, Mongolia, Indonesia e Tailandia os principais puntos de comercio como teas, vermes de seda, e especias .    
 
Mussolini queda co continente africano, á que lle dá os nomes de Mauritania Superior a tódolos territorios ao norte do Deserto do Sáhara e de Mauritania Inferior a tódolos territorios ao sur do mesmo. Así comercializa marfil  de Kenia, madeira preciosa do Congo e diamantes de Sudáfrica. O Cairo sería a capital da Mauritania Superior e Ciudad do Cabo a da Mauritania Inferior: en cada antiga capital dun estado africano erguerían un arco de triunfo co relevo do Duce cabalgando un Ferrari.
Hitler impón o alemán como lingua única do seu III Reich, que se estende dende Irlanda ata Siberia. Tódalas demais linguas europeas quedan prohibidas e queimados os libros que non sexan traducidos ao alemán. Tódolos nacidos en Alemaña e nos territorios de maioría alemá (Sudetes, Polonia, países bálticos) teñen dereito a unha educación universitaria e a unha subvención estatal de catro veces o salario mínimo. Os habitantes das restantes nación europeas poden ter estudos secundarios e o dobre do salario mínimo se son escandinavos, galos ou anglosaxóns pero se son latinos (agás, obviamente os italianos, que son socios do Eixo), gregos ou eslavos só teñen dereito a unha educación elemental e ao salario mínimo. Resérvanse os campos de concentración para os enfermos, así é que redúcese enormemente o gasto sanitario.
As relixións que predominaban agora no mundo eran a sintoísta ou culto ao emperador xaponés, a católica romana-fascista e o culto xermánico á raza aria. Sendo os dous modelos exemplares de vida o dun habitante xaponés ou o dun soldado alemán. O punto principal de culto é o Vaticano, grazas aos crentes na relixión católica, que eran trasladados a esta pequena cidade para aprender e exercer esta relixión.
Pese a ser tres temibles Imperios, continuaran a ser aliados, aínda que para tomar decisións mundiais Italia sempre estaba do bando de Alemaña. Os tres tiñan intercambios comerciais satisfactorios. Todas as organización estaban baixo o mando de Mussolini, Hirohito e Hitler, polo que as normas e ordes estaban concentradas nestas tres persoas e nos seus conselleiros persoais, que tiñan que ter a carreira de dereito e ciencias políticas, así como a nacionalidade de cada presidente e ter título nos tres idiomas.
O mundo estaría total e perfectamente dirixido e grandes fallos se terían que cometer para levar a cabo unha guerra ...

CARMEN GIADÁS GARCÍA
Alumna de 4º ESO A, para o traballo:
 Que pasaría se os países do Eixe gañasen a Segunda Guerra Mundial?
da materia de Xeografía e Historia.

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

POESÍA Y REDES SOCIALES