GEARSKETCH: Simulador de engrenaxes en tablets, smartphones e PCs

Trátase dun software open source desenvolvido pola Universidade de Twente e lanzado baixo unha licencia do MIT (Massachusetts Institute of Technology).

Este software permite debuxar circunferencias co dedo (tablets e smartphones)  ou co rato (PC) que se convirten en engrenaxes do mesmo tamaño do debuxo. Ademáis deixa desprazalas e facer que  conecten unhas con outras por contacto directo. Tamén permítenos conectalas a través dunha cadea que xurde cando rodeas cunha liña pechada as engrenaxes en cuestión. Unha vez montado o sistema se queremos comezar unha simulación debemos elixir o elemento motriz trazando unha frecha sobre os dentes de dito elemento. O sentido e lonxitude desta frecha determinará o sentido e a velocidade de xiro desa engrenaxe motriz.

Os modelos que creemos teñen a súa propia URL e isto permite que os compartamos polos medios que prefiramos.

No seguinte vídeo podedes ver como funciona:


AGORA SO QUEDA QUE TE ANIMES A PROBALO! Aquí che deixamos o enlace: gearsketch

Este é o último post que facemos este curso desde o Departamento de Tecnoloxía, así que aproveitamos para despedirnos e desexarvos un bo verán. DESFRUTADE!


Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

POESÍA Y REDES SOCIALES