RETOMANDO A PALABRA E A EMOCIÓN

 Sen abandonar este últimos tempos de virtualidade parece que o momento de atoparnos de novo (aínda con certo distanciamento social) está cada vez máis preto. 
Aínda que con limitacións de aforo e con todas as medidas de prevención necesarias, vanse retomando algunas actividades culturais de gran interese por se xa queredes ir facendo plans de cara as desexedas e inminentes vacacións.

Unha delas é o ciclo De Perto que se celebrará entre o 1 e o 18 de xullo no Barco de Valdeorras. Trátase nun encontro artístico no que a palabra, a través de oralidade, se converte no eixe central en diferentes formatos: poesía, narración oral, música ou artes escénicas.
As poetas Tamara Andrés e Samuel L. París ou a cantante Faia presentarán as súas propostas. O ciclo contará coa participación de grandes nomes da narración oral galega, como os contos talasocráticos de Xurxo Souto en Océano para terrícolas; Celso Sanmartín, Jose Luis Gutiérrez (Guti) e Quico Cadaval con Tres vellas (polo menos), o 18 de xullo a modo de clausura; ou o trío formado por Carme Conde, Vero Rilo e Ángeles Goás co seu Divas de Diván, o 15 de xullo. Tamén recunca Momi Ogalla acompañado de Victoria Siedlecki o 10 de xullo.




Nun espazo natural único, o xardín da Casa Grande de Viloira acolleranse todos estes eventos que de seguro emocionarán coas historias e as vidas que transportan as palabras. 
Unha boa oportunidade de recuperar a proximidade entre artista e público.




Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"