INVISIBLES

Achégase o 8 de marzo e son numerosos os actos convocados na nosa contorna para festexar esta data. Hoxe, dende o concello de Carballo, convídannos a asistir á representación teatral de Invisibles, a cargo da compañía REDRUM TEATRO.


Invisibles é un espectáculo creado a partir da novela homónima de Montse Fajardo, que presenta ante o público diversas historias cun fío común entre elas, a violencia de xénero. 

O seu interese reside na exposición de historias reais protagonizadas por mulleres galegas, historias sobre malos tratos, algunhas delas xa coñecidas polo público pola súa repercusión mediática.
A pretensión fundamental é sensibilizar ás espectadoras e aos espectadores con esta lacra que invade a nosa sociedade.
Invisibles é un espectáculo para maiores de 12 anos, debido ao contido dalgunha das situacións que se presenta no mesmo. Podemos dicir que é un espectáculo para público adulto pero que tamén cun grande interese para público adolescente, xa que é precisamente nese rango de idade onde rematamos de formar as nosas personalidades e no que comezan as primeiras relacións de parella.

Así que xa sabedes, hoxe temos unha cita no teatro!






Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"