DÚAS ALUMNAS MOI STEAM!

Aproveitando que o domingo 8 de marzo foi o Día da Muller desde o departamento de tecnoloxía decidimos adicarlle esta entrada do blog as mulleres do ámbito científico-tecnolóxico.

Dándolle voltas ao tema pensamos en dúas alumnas que son compañeiras vosas neste centro. Estas dúas rapazas son as únicas integrantes do equipo CanSat do que xa falamos nunha entrada anterior. Ademáis son as únicas alumnas na materia de tecnoloxía en 4º de ESO e en 1º de Bacharelato, respectivamente. Así que propuxémoslle unha pequena entrevista relacionada coa súa vocación STEAM. Estas son algunhas das impresións recollidas nesta enquisa que lle fixemos:

Cando lles preguntamos porque escolleran cursar a materia de tecnoloxía as súas respostas  foron parecidas: tiveron a ocasión de contactar coa tecnoloxía e a ciencia a partires dunha actividade extraescolar e foi cando se "engancharon" e decidiron seguir formándose cursando esta materia. 

Tamén nos contaron que o feito de ser as únicas rapazas na clase (algo que xa sabían previamente) nos lle supón problema algún, non pensan que haxa asignaturas de xénero e que ademáis os seus compañeiros son moi respectuosos con elas e síntense especialmente a gusto nestas clases, non se sinten presionadas por esta casuística e o importante para elas é facer ben o seu traballo sen pensar no que opinen os demáis nin "raiarse" por ser as únicas rapazas da clase.

Na súa casa sempre as apoiaron para que sigan o camiño que elas queiran emprender tanto no plano académico como no futuro no plano profesional, valoran moito que se esforcen e que loiten por conseguir o que se propoñan.

Como referentes non teñen ningún especial no mundo da ciencia pero si teñen un moi cerca delas, as súas nais porque as ven superándose día a día e loitando por acadar as súas metas.

No futuro ámbalas dúas esperan cursar estudios relacionadas co mundo tecnolóxico, cursar unha enxeñería: programación, eléctronica, deseño,.. pero tamén esperan cumplir outros soños que teñen.

Animan a calquera rapaza a mergullarse en calquera disciplina STEAM, que non se sinta condicionada por ser muller, de feito consideran este aspecto irrelevante. O seu consello é o mesmo que a elas lle dan no seu fogar, SE CHE GUSTA, FAINO! 

Grazas a Esther e Uxía por contestar as nosas preguntas e animalas a seguir traballando duro porque co seu tesón e constancia seguro conseguirán o que se propoñan.


Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"