CRÓNICAS DUN LECTOR APESTADO 1


Aínda que nos pareza unha antigüidade inservible, a mitoloxía grecorromana segue funcionando como fonte de inspiración nestes tempos posmodernos. Con razón dicimos que a mitoloxía é clásica, porque clásico é o que non ten data de caducidade, o que non morre.
            
Velaquí, no mesmo día e en páxinas contiguas, cal foi a inspiración dos ilustradores de La Voz de Galicia. Os dous botaron man da mitoloxía e os seus eternos contidos.


Atlas soportando ese bicho infeccioso e infecto que xa forma parte dos nosos odios, e o mesmo bicho raptando, é dicir, levando por diante á princesa Europa. A verdade é que si: Europa volve facer un ridículo espantoso, para goce dos euroescépticos, considerando que hai países de primeira (os do norte) e de segunda (os do sur). Se estades un pouco ao tanto da actualidade, saberedes de que falo.


Recorda que a mitoloxía constitúe sempre unha interesante e amena opción para a lectura.

Na biblioteca do centro hai moitos e bos materiais para achegarte a ela.

Recórdao cando nos incorporemos.

Paciencia…

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"