NO PASADO ESTÁ A HISTORIA DO FUTURO.

A caída do Muro de Berlín, a Revolución Rusa, o atentando de Saraxevo e unha morea de acontecementos históricos máis, son momentos fascinantes, pero tamén esenciais para entender o mundo no que estamos a vivir. Mais o feito de que sexan de aprendizaxe obrigatoria, ás veces fainos menos motivadores e difíciles de comprender.



Sabido é por todos que, hoxe en día, Youtube é unha ferramenta que nos achega aos contidos de xeito lúdico e dinámico, mais que acontece cando necesitamos afondar para un traballo? Pois ben, a nosa benquerida biblio conta cunha pequena gran colección, a Biblioteca Básica de Historia da editorial Anaya. Trátase dunha serie de 53 libriños en pequeno formato cuxa temática vai dende a Prehistoria ata o século XX, fáciles de ler e con moitas imaxes ilustrativas. A ferramenta perfecta para abraiar aos teus profes de Historia!

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"