DO LIBRO AO FILM: UNHA PROVEITOSA EXPERIENCIA

Tras da lectura da Odisea de Homero -e non antes-, as alumnas de Grego I puideron disfrutar, xa libres dos exames de avaliación e en vésperas das vacacións de Nadal, dunha versión fílmica da obra de Homero.


Non é unha obra de arte cinematográfica, abofé, pero é amena e ás veces divertida, e ademais -isto é o máis importante- permite establecer un vínculo entre lector e espectador, reforzando o coñecemento da obra literaria e creando estímulos e reflexións...


Raro é o caso no que, tras da lectura dunha obra literaria, o espectador non estableza as comparacións de rigor: se gustou máis a lectura ou máis a película, ou se esta decepcionou... Á marxe, insistimos, de consideracións sobre a excelencia do film.


Literatura e cine... Que gran combinación!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

Bo verán!!