OF MADWOMEN AND ATTICS



Last year, one of the posts of this blog dealt with Charlotte Brontë's novel Jane Eyre. I hope that short article encouraged some of you to read the book. Today, I would like to expand on its influence. This 1847 novel introduced, apart from the eponymous heroine, a secondary character that was the basis for another influential book. In the original, Jane becomes the second wife of Mr Rochester. We are told in Brontë's pages that Bertha Mason, Rochester's first wife, is violently insane and locked in a room on the third floor of the house. However, her depiction leaves many questions unsolved about her past and this sparked the interest of a great female novelist, Jean Rhys, who placed Bertha at the centre of her masterpiece Wide Sargasso Sea (1966).

It is a feminist and anti-colonial response to Brontë's novel, describing the background to Mr Rochester's marriage from the point-of-view of his mad wife, a Creole heiress. Antoinette Cosway (Bertha's maiden name) is Rhys' version of Brontë's devilish "madwoman in the attic". Antoinette's story is told from the time of her youth in Jamaica, to her unhappy marriage to a certain unnamed English gentleman, who renames her Bertha, declares her mad, and takes her to England. Antoinette is caught in an oppressive patriarchal society in which she fully belongs neither to Europe nor to Jamaica. Wide Sargasso Sea explores the power of relationships between men and women and develops postcolonial themes, such as racism, displacement, assimilation and women's subjugation in our society.

While recounting the story of her life, Antoinette portrays her relationship with Rochester under tremendously hostile circumstances, her past as member of a family of impoverished former slave owners and the weight of colonialism in British past, not fully acknowledged even today. Since we live in a world that is constantly re-examining current relations of power and the importance of equality, Wide Sargasso Sea makes up for an excellent reading.


_________________________________________________________________________________________________________________________



Unha das entradas do ano pasado versaba sobre Jane Eyre, novela de Charlotte Brontë. Espero que aquel post tivese animado a moitos de vós a ler a obra. Hoxe gustaríame ampliar algo máis ese artigo e falarvos da influencia que tivo. A novela —escrita en 1847— presentaba, ademais da protagonista que dá título ao libro, a un personaxe secundario na que se baseou outro libro moi influínte. Na composta por Brontë, Jane convértese na segunda muller do Sr. Rochester e, nas súas páxinas, descubrimos que Bertha Mason, a primeira muller de Rochester, está confinada no terceiro andar da casa polos seus problemas de saúde mental e conseguintes episodios de violencia. Porén, o retrato que dela se fai deixa moitas cuestións sen resolver acerca do seu pasado e condición, aspecto que promoveu o interese doutra importante novelista posterior, Jean Rhys, que situou a Bertha no epicentro da súa obra mestra, Ancho Mar dos Sargazos.

Esta é unha resposta feminista e anticolonial á novela de Brontë, traballo no que describe o pasado do primeiro matrimonio de Rochester dende o punto de vista da súa esposa louca, unha herdeira crioula. Antoinette Cosway (o nome de solteira de Bertha) é a versión de Rhys sobre o tema da «tola no faiado». A historia de Antoinette desenvólvese, comezando pola súa mocidade en Xamaica e abranguendo o seu desposorio cun xentilhome inglés, que lle muda o nome a Bertha, trátaa como a unha chalada e lévaa a Inglaterra. Antoinette vese atrapada pola opresión dunha sociedade patriarcal na que non pertence nin a Europa nin a Xamaica. Ancho Mar dos Sargazos explora as relacións de poder entre homes e muller e trata temas poscoloniais, como o racismo, os desprazamentos e migracións forzosas, a asimilación cultural e a subxugación das mulleres na sociedade.

Ao relatar o seu percorrido vital, Antoinette describe a súa relación con Rochester, nacida en circunstancias tremendamente hostís, o seu pasado como membro dunha familia escravista vinda a menos e o peso do colonialismo no pasado británico, aínda non recoñecido hoxe en día. Xa que vivimos nun mundo no que estamos constantemente a reexaminar as relación de poder e a importancia da igualdade, Ancho Mar dos Sargazos preséntasenos como unha lectura excelente.





Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"