A PREDICCIÓN DE EINSTEIN: BURATOS NEGROS

Lembro con asombro a figura de Albert Einstein cando na universidade estudaba en quinto curso a Teoría da Relatividade Especial, onde a curvatura do espazo-tempo debida a gravidade é despreciable. Apenas eramos seis alumnos nesta materia e moitas veces tiñámonos que reunir para resolver problemas que nos axudasen a comprender os seus estudos. A súa mente sí era especial, única na Historia, como a súa intuición, que albiscou os buratos negros, estrelas colapsadas con tal densidade que nin sequera a luz do sol podía penetrar no seu interior.

 "Hoxe tomamos a primeira imaxe dun burato negro", aseguraba hoxe emocionado o director de EHT, Sheperd S. Doeleman, do Centro de Astrofísica de Harvard & Smithsonian (Estados Unidos), nunha rolda de prensa celebrada en Washington, un acontecemento que calificaba como 'un feito histórico' obtido grazas ao esforzo colectivo de máis de 200 investigadores.


Ata o de agora, a presenza de buratos negros  fora confirmada indirectamente, descubrindo as ondas gravitacionais. Einstein demostrou hai máis dun século que a masa das estrelas, dos planetas e o resto da materia exerce unha forza que curva o espazo como se fora unha lámina de goma. Os científicos do Observagtorio de Interferometría Láser de Ondas Gravitacionais obtiveron en 2017 o Premio Nobel de Física pola detección das ondas gravitacionais, indicativo da presenza dos buratos negros.

O Burato negro máis proximo a nós chamase Saxitario A*,unha estrela situada a 26.000 anos luz, no centro da nosa galaxia con masa 4 veces a do noso Sol. Os científicos cren que hai 20.000 anos papou unha nube de gas cen veces máis masiva que o Sol .

Aínda que a súa teoría xustificaba a existencia do que hoxe hai probas que é unha realidade, Einstein nunca pensou que a gravidade poidese derrotar outras forzas que cría máis poderosas, ata o punto de devorar unha estrela xigante.

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"