XOGANDO CON PLASTILINA


PLASTILINA CONDUCTIVA


 O pasado mes de marzo, con motivo da celebración da Semana Cultural no IES Eduardo Pondal, o departamento de Tecnoloxía realizou un taller de plastilina condutiva cos alumnos de 1º da ESO. Cunha fórmula totalmente caseira e algúns elementos tecnolóxicos como pilas ou leds,fixádevos que bo rato pasamos!







 RECEITA :

Para facer a plastilina condutiva precisamos:


1 ½ tazas de fariña


1 taza de auga


¼ taza de sal


3 cullerada de crema tártaro (ou 9 culleradas sopera de limón)


1 cullerada de aceite de cociña


Colorante para alimentos


Para facer a plastilina illante precisamos:


1 ½ tazas de fariña


½ taza de azúcar


3 culleradas de aceite de cociña


½ taza de auga destilada


Tamén podes usar calquer plastilina comercial,xa que a maioría delas son illantes.


Para o montaxe das experiencias:


4 Pilas de 1,5 voltios (ou uhna pila de 9 voltios)


Un soporte para pilas con cables


Algúns LED


Un motor de xoguete


Un zumbador



Mezcla todos os ingredientes agás ½ taza de fariña nunha pota. Pon a pota a quecer, revolvendo constantemente. Engade o colorante para alimentos (isto diferenciará os dous tipos de masa). A mezcla comenzará a ferver e a engrosarse. Segue mexendo ata que se forme unha bola no centro da pota. Logo retira a pota do lume.



PRECAUCIÓN: A masa estará moi quente! Deixa que se enfríe antes de manipulala. Unha vez que teña enfriado, mestura a fariña na masa ata que esté firme pero moldeable.

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"