MISTERIOSA INSCRICIÓN EN CORME

Que a historia dos grandes acontecementos e dos grandes homes debe ser estudada é algo que ninguén dubida. Pero tamén temos a historia local, inmediata a nós, que permanece descoñecida e ignorada moitas veces. Hai uns días, Suso Lista formulou en facebook as súas dúbidas sobre a inscrición cuxa foto achego (co permiso de Suso, pois a fixo el), reaproveitada para o muro da capela de San Xosé e San Francisco da Escobia, en Corme Aldea. Teño que dicir que a min xa me causou bastantes dúbidas, moitas. A vós que vos parece? Sodes quen de ler algo? O máis doado é a última liña, que son números romanos e alude á data da fundación do edificio ao que pertencía este epígrafe, que seguramente sería (érao, podo confirmalo con documentos) a capela anterior, pois a que vemos hoxe é unha renovación.

Acéptanse suxerencias. Por certo, no lintel da porta desta capela hai outra inscrición perfectamente lexible. Isto de ler epígrafes é moito máis divertido do que se pensa. Á fin de contas, é unha tarefa digna de detectives (da historia).

Prometo unha gran recompensa para o que saiba descifrar estas letras mudas 😊.

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"