A FUNDACIÓN LUÍS SEOANE

Convidámosvos hoxe a visitar a Fundación Luís Seoane na Coruña. Unha visita indispensable coa que achegarse á obra e vida deste gran pintor; e tamén unha posibilidade de ver as exposicións temporais que o museo oferta.

A vida de Luís Seoane (Bos Aires 1910-A Coruña 1979) foi unha longa viaxe á través do século XX. Formado na época da dictadura de Primo de Rivera, loitador nos anos da República, fuxido en 1936, organizador e promotor da vida cultural no exilio, viaxeiro polo mundo e atento aos múltiples discuros que ía xerando a súa época, Seoane foi testemuña de excepción deste século axitado e convulso.

A súa obra, vasta e diversificada, o seu pensamento aberto, as súas iniciativas, convérteno nun personaxe destacado no panorama da cultura galega e española do século XX, que axudou a construir co seu esforzo, o seu talento e o seu compromiso.

A Fundación garda un valioso patrimonio dun dos grandes intelectuais galegos do século XX, seguramente o máis universal e o máis completo da nosa historia recente. Pero a intención non é únicamente a de conservar ese patrimonio senón o posibilitar un servicio primordial para a educación e a configuración da nosa identidade, buscando a visibilidade exterior dese legado e entendendo a colección como algo vivo, en constante crecemento, incorporando novas miradas sobre o legado físico e intelectual de Luís Seoane a partir de colaboracións de artistas de xeracións posteriores.


Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"