"CELEBRACIÓN. A GRAN NOITE"

Este venres, 5 de abril, visitaremos o Salón do Libro en Pontevedra. Á saída acudirán, entre outros, o alumnado da materia de teatro e do grupo de teatro do insti. Alí teremos a oportunidade de asistir á representación teatral de "Celebración. A gran noite", a última comedia da compañía Sarabela Teatro que foi estreada o pasado 20 de setembro no auditorio de Ourense.

Unha celebración á que ninguén quere faltar se quere ser alguén na sociedade actual. De modo que convidados e non convidados teñen que estar. Así presenta Sarabela Teatro a súa nova proposta:
«É unha comedia delirante ao redor do asalto ao poder (...) Trátase dunha metáfora da exclusión social», explica Fina Calleja, unha das actrices protagonistas do espectáculo xunto a Nate Borrajo, Sabela Gago, Elena Seijo e Fernando Dacosta.

Nesta celebración que escenifica Sarabela, os protagonistas, non convidados á cita, van  iniciar unha revolución xunto a outros excluídos para tomar o poder coa intención de modificar o sistema de valores. «Pero a pregunta final está se os van cambiar realmente ou van repetir o mesmo modelo», afirma a actriz. Celebración é unha comedia «moi actual e moi apegada ao que acontece», engade Calleja, destacando que conta con pasaxes que serán moi recoñecibles para o espectador que acuda a vela.
Aínda que neste vínculo coa actualidade Celebración segue a liña de traballo de Sarabela, esta obra supón un punto de inflexión nos seus 39 anos de traxectoria. Por primeira vez, é un home quen dirixe a peza, Dani Salgado, cun texto de Fernando Dacosta. «Buscamos directores que nos gusta a súa poética», afirma Calleja.

Xa sabedes, agárdannos novas emocións...porque iso é o Teatro!

Fotografía da actuación en Santiago publicada na Voz de Galicia.


Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"