NOVOS TÍTULOS PARA O CLUB DE LECTURA.

 

Practicamente  rematado este primeiro trimestre, fagamos balance das lecturas realizadas polos diferentes clubs de lectura da nosa familia lectora "Ponte a ler": 

O club de manga, banda deseñada e cómic segue a ser o máis activo. Despois de lecturas como as de Orange, Dr Stone ou Detective Conan, as e os integrantes do club estamos a decidir as vindeiras aventuras nas que nos imos embarcar. As propostas son varias: Blacksad, Sombras sobre Shimanami, Contrapaso, Los hijos de los otros, Look Back ou mesmo o clásico Jane Eyre, foron as elixidas polo club e pronto estarán dispoñibles na nosa biblioteca.  



Por outra banda, a narrativa vertébrase en diferentes clubs: o alumnado de 1º ESO optou pola lectura de Mitos gregos de María Angelidou, mentras que o alumnado veterano da ESO comezou a súa viaxe lectora con Azucre de Bibiana Candia e acaba de rematar Afogada de Rocío Leira, aínda están a pensar por que roteiros queren seguir...


Para o alumnado de 1º de Bacharelato a visita ao noso centro de José  Ángel Mañas foi decisiva e así optaron por ler a súa coñecida obra: Historias del Kronen.



Finalmente no club de lectura de adultos, Virtudes (e misterios) foi a nosa primeira lectura e xa á volta do Nadal falaremos das novelas: Las Gratitudes de Delphine de Vigan e Los días perfectos de Jacobo Bergareche.


Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"