Coñecemos e celebramos a Luísa Villalta!

 Rematamos a semana de celebración das Letras Galegas coa realización de dúas sesións de obradoiros sobre Luísa Villalta a cargo da polifácetica escritora Estíbaliz Espinosa Río. 


A  AELG ofreceunos a posibilidade de achegarnos a figura de Luísa Villalta a través do obradoiro literario "A música dos astros", unha perspectiva da obra lírica de Villalta dende a súa ollada aos elementos naturais: árbores, estrelas, aves, nubes, sol...atravesada pola música dos seus versos e o seu afecto e empatía polo marxinal e desconsiderado. 



O alumnado de 2º e 3º de ESO tivo a oportunidade de crear caligramas, idear con percusión un ritmo para una estrofa de Luísa Villalta e coñecer da man xenerosa de Estíbaliz a autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas. Moitas grazas, Estíbaliz!



Comentarios

Publicacións populares deste blog

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

Bo verán!!