POR FIN UN CLUB DE MANGA NO IES EDUARDO PONDAL!!!

 

A idea estaba na nosa mente dende un tempo atrás, pero é este curso cando por fin podemos dicir que temos un club de lectura de manga!

Entre os diferentes títulos que lemos ( Death note, Ao no flag...) imos destacar hoxe da man dun dos coordinadores do club, Salvador Andrade, a obra titulada Tokyo Revengers.



Esta é a súa reseña: 

"Esta obra,publicada en novembro de 2021, marabillou e encantou a moitos lectores e lectoras, e dende o noso club de manga quermos dicirvos que nos pareceu a nós este libro.

A presentación foi unha das mellores partes a disfrutar, con grandes volúmenes que duran suficientemente e sobrecubertas moi decoradas, incluíndo pósters dentro do propio volumen. 

Agora sí, falemos do realmente importante: sen meternos en grandes polémicas, podemos dicir que Tokyo Revengers chega a un xénero bastante sobrexplotado, mais cunha premisa interesante que a hora da verdade non se chega a implementar suficientemente.

 A pesares de querer crear unha historia de bandas criminais, os personaxes non acaban de estar caracterizados como tales, pasando a un primeiro plano ás veces a vida amorosa do protagonista.

Esperemos que a historia mellore nos próximos tomos..." Salvador Andrade Varela

 

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

POESÍA Y REDES SOCIALES