UN NOBELO CAE AO CHAN E CAMBIA O MUNDO
“Un nobelo cae ao chan e cambia o mundo. E outro nobelo. E outro nobelo. E outro nobelo. Mesturando entre si as cores mestas. Formando o máis rexo tecido”. Ide collendo as aguzadas agullas da reflexión e enfiade con elas o complicado nobelo da concienciación social para ir, puntada puntada, enguedellando eses fíos de vida que se chaman Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda, espellos das diversas discriminacións que sofren as mulleres neste aparentemente evoluído S XXI, que descubren e suman as súas fortalezas – fíos azuis da concordia, fíos vermellos da rebeldía – nese poderoso nobelo morado que se chama tía Davinia. Lede “O club da calceta”, de María Reimóndez, unha obra imprescindible para que, vós, as rapazas descubrades a vosa forza interna e para que vós, os rapaces, aprendades a compartir esa integridade feminina que o machismo secular tenta ferozmente esnaquizar. Veña, a coller os puntos soltos e, entre todos, trenzaremos o novo xersei da i...