CLUB DE LECTURA: REMATE E REFLEXIÓN
O pasado venres celebrouse en Santiago, durante todo o día, a xuntanza anual dos Clubs de Lectura, na que expertos, asesores e profesores compartiron experiencias sobre este proxecto que, segundo alí se dixo, funciona bastante ben, e incluso é observado con atención desde fóra de Galicia. Así o confirmou un dos conferenciantes, José Antonio Millán, coordinador dun estudo sobre estas experiencias lectoras.
María Reimóndez recibiu o premio dos Clubs de Lectura, xa que foi a autora máis representada neles.
Un pracer escoitar a Marilar Aleixandre, académica da RAG e recén xubilada da docencia, faceta que ben se lle nota na súa amenidade comunicativa. Falou do papel da muller nas ciencias e nas letras.
Remata o curso e, como coordinador, toca agradecer a profesores e alumnos a súa participación nas distintas seccións do Club do noso instituto: Jorge Cea, Eva Tizón, Eva García, Beatriz Fernández e Isabel Segura. Foron variados os xéneros lidos, desde narrativa e poesía, ata ensaio e divulgación científica.
Pero non hai que esquecer un aspecto moi interesante, moi gratificante, que nas xornadas se deu en chamar "ampliación de horizontes" e que tamén efectuamos no instituto: saídas didácticas e roteiros literarios (Val Nativo pondaliano, Santiago, Feira do Libro de Pontevedra), xuntanzas con escritores (Manuel Rivas), creatividade artística (o libro ilustrado co que os alumnos agasallaron a Rivas), creación poética e recitado de poemas (na sesión vespertina de 3º ESO con Eva Tizón), chocolatadas no recreo (como non!), vinculación co Club de Ciencia e videoconferencia co CERN de Xenebra, materiais complementarios sobre a Malpica de Pelusa, a colaboración con Dinamización Lingüística, etc.
Ogallá para o ano a implicación continúe, e incluso se incremente, pois o ideal é sempre mellorar.
Grazas a todos, lectores.

Comentarios
Publicar un comentario