A REDE MÁXICA INMATERIAL DOS CONTOS: OS SETE FALARES.
Se algo nos emociona é o patrimonio
inmaterial dos contadores de historias, esa sabedoría, con máis ou
menos dose de ficción, que dun xeito moi funcional chegou ata nós
transmitindo sabedoría, valores, historia propia, humor, fantasía e
sobre todo a cultura de saber escoitar, de ter tempo para abrir os
oídos e os miolos de cara á reflexión e o divertimento.
Entre o 6 e o 9 de xuño en
Pontevedra podemos asistir á oitava edición de SETE FALARES,
encontro internacional organizado por “Pavís, Pavós”, que é a
Rede Internacional de Contacontos.
Converteremos pois esta capital galega
no eixo da arte de contar, todo un privilexio ben merecido para esta
terra nosa, berce de innumerables contadores e contadoras anónimos e
dun grupo de xente xa con nome gravado no espazo de honor desta arte
inmaterial, fío máxico condutor que une culturas moi diversas
noutras tantas paisaxes e xeitos de ollar.
Conservarán as xeracións vindeiras
esta rede?
Na foto, Quico Cadaval, un dos grandes,
nunha edición anterior (foto do artigo de Sermos Galiza).
MÁIS INFORMACIÓN SOBRE SETE FALARES:
https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/para-aprender-a-escoitar/20190529174657080239.html
MÁIS INFORMACIÓN SOBRE SETE FALARES:
https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/para-aprender-a-escoitar/20190529174657080239.html
Comentarios
Publicar un comentario