EL JARDÍN DE JUANITA

"El jardín de Juanita" é o nome dun proxecto que arranca no ano 2016 da man da experta en creatividade Angélica Sátiro. Esta iniciativa xurde dende o movemento Filosofía Lúdica e o Proxecto Noria, que ten como obxectivo a formación de persoas éticamente responsables coa súa contorna, cuestionado desde un punto crítico a situación medioambiental do planeta.


Esta semana ven de inaugurarse na Fundación Luís Seoane da Coruña unha exposición sobre o traballo que arredor deste proxecto están levando a cabo dúas escolas da Coruña. 

Onte Angélica visitou Dombate, e alí, parte do profesorado das escolas da zona, tivemos a oportunidade de ter un encontro con ela. Ensinounos a ollar o mundo dende outra perspectiva, e afondamos no termo "Creatividade Cívica". 

Deixovos aquí o enlace a unha das súas charlas sobre creatividade, se vos gusta podedes seguir investigando, que paga a pena.

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"