UNHA LECTURA DIFERENTE: MEMORALIA

Despois de todo un curso facendo traballo de campo e preguntando aos máis vellos, xa puidemos recoller, negro sobre o branco, os resultados do traballo de investigación dos alumnos de 4º ESO de Xeografía e Historia. Son varios artigos que xa ven a luz na segunda entrega de Memoralia, os Cadernos de Historia e Patrimonio. Versan sobre Ponteceso, Malpica, Cabana, Carballo (Berdillo) e Muxía. Algúns alumnos incluso aportaron gravación sonora dos contidos da investigación, como as coplas dunha cantareira de Mens ou o diálogo sobre a posguerra entre dúas mulleres de Berdillo.

                                                    

Uns están mellor ca outros, pero todos teñen o seu mérito. Noraboa a todos os alumnos, que ademais remataron hoxe o curso e marchan o luns a Barcelona (non haberá un destino mellor, por certo?). 

                                                      

Na portada, que mellor que unha foto vinculada a Santo Hadrián (parroquial de Corme Aldea) na súa semana grande malpicá? 

Se alguén quere un exemplar, que pase pola biblioteca e o pida...

Saúde!

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"