Benvido Samagosto!!!

 Coa chegada do Samaín, a nosa biblioteca escolar volve converterse nun dos puntos máis dinámicos e terroríficamente divertidos do centro, grazas ao traballo e implicación do alumnado voluntario.

Durante estes días, o noso voluntariado está a traballar con moito entusiasmo nas tarefas de decoración do espazo, na selección de lecturas de medo para a exposición de fondos terroríficos e na organización e difusión dos variados concursos nos que se pode participar:

  • Concurso de cabazas con eslogan.

  • Concurso de microrrelatos.

  • Concurso de banda deseñada.

Deixamos aquí os cartaces informativos.

 


Queremos agradecer e poñer en valor o traballo do voluntariado, que co seu esforzo fai da biblioteca un espazo vivo, acolledor e cheo de actividades para todos e todas.

Preparados para pasar un Samaín de medo na biblioteca????

 Pasade a visitala e participade nos concursos!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

Bo verán!!