Día de castañas e de sustos!!!



Un ano máis, o Samaín volveu petar ás portas da biblioteca para enchela de historias de medo, tradición e ese toque de misterio tan noso. Coa chegada do outono e os días máis curtos, celebramos a nosa tradicional data entregando os premios do concurso de microrrelatos, banda deseñada e decoración de cabazas con eslogan.

Cómpre dicir que nesta edición a participación foi un pouco máis escasa do habitual, mais, como ben sabemos aquí, a cantidade nunca vai en detrimento da calidade. Quen decidiu aceptar o reto demostrou un talento e unha imaxinación marabillosas: as propostas recibidas destacan pola súa orixinalidade e creatividade, e o xurado non o tivo doado para decantarse polos gañadores. Así, o relato gañador foi para Marián Chouciño Sánchez quen nos deleitou coa súa lectura:



Pola súa banda, Noa Méndez Pose acadou o premio á mellor cabaza coa súa orixinal obra "Casada coa morte":



E finalmente, premiáronse cinco tiras cómicas na categoría de banda deseñada, cuxo deseño plasmarán nunha camiseta que cada un dos autores e autoras realizará coa colaboración de Polos Creativos. Os premiados foron: Alexandre Trigo Sánchez, Leila Martínez Pérez, Sofía Nantón García, Manuel Souto García, Bruno Loureda Mourón e Gonzalo Arteaga González.

Queremos dar os nosos parabéns ás persoas gañadoras e agradecer a súa participación por poñer en valor a importancia e o traballo que conlevan estas actividades. 

 

Ademais, ao longo desta semana puidemos investigar e descubrir novas obras literarias e películas de terror grazas á exposición temática organizada polo equipo de dinamización e o voluntariado da biblioteca. Grazas ao seu traballo contamos cunha selección para adentrarnos no espírito do Samaín a través da lectura e do cinema.

 


Deixádevos envolver pola maxia do Samaín!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

Bo verán!!