LETRAS GALEGAS 2026: BEGOÑA CAAMAÑO, INPIRARSE NO PRACER DO AZUL.

 No marco da conmemoración das Letras Galegas deste ano 2026, o EDLG, en colaboración coa Bibioteca e a Comisión de Benestar e Convivencia ,decidiu levar a cabo diferentes accións no centro co obxectivo de exaltar e difundir a nosa lingua a través da creación literaria da escritora a quen dedicamos este ano as notas letras: Begoña Caamaño. 

Con este obxectivo organizamos entre outras accións, o concurso "O reto das nosas letras. Os fíos que nos levan a Begoña: entre Esmelle e Ítaca". 

Durante a semana do 11 ao 15 de maio lanzamos unha pregunta publicada nun panel na entrada do instituto, animando ao alumnado a resolver un reto ou a desenvolver unha creación gráfica ou literaria relacionada coa obra da autora. 


Resolver un autodefinido, deseñar un panel informativo sobre Begoña Caamaño, crear unha pócima propia de Circe a partir dunha planta ou un logo personalizado que combinase a letra "M" de Morgana cun elemento da natureza foron as diferentes actividades propostas ao alumnado.

                                                             

Por outra banda, o venres 15 vivimos unha xornada chea de emoción ao render homenaxe a Luis Giadás, investigador e profesor vencellado á historia do instituto e á defensa da nosa cultura. Recreamos, así, o tradicional acto "Un autor, una árbore", dedicándolle un carballo americano, símbolo de fortaleza, raíces e permanencia. 
                            







Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

ESOPÍAS?

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"