UNHA NOVIDADE PERIODÍSTICA NA BIBLIO: O PAPAGAIO

 Se aínda non te achegaches pola nosa biblio este curso, xa estás tardando para ver algunha das novidades que agardamos ofrecervos este ano tan especial. 

Para empezar contamos cun novo xornal impreso en papel reciclado, a cor e en LINGUA GALEGA. Trátase de O Papagaio, un xornal de xente miúda no que podedes atopar unha gran diversidade de temas: ciencia, historia, arte, ecoloxía, natureza, mitoloxía, arquitectura, informática e moito máis. 


Creado por Abraham Carreiro en 2016, na súa edición participan un grupo de profesionais da banda deseñada e da escrita.  A súa distribución corre a cargo do Consorcio  Editorial Galego, e cada mes ofrecécenos 16 páxinas a cor e ilustradas cun tratamento moi ameno e divertido.

Se queres botarlle un ollo ao seu formato dixital non tes máis que prmer na seguinte ligazón: https://www.opapagaio.gal/.


Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"