CELEBRACIÓN E ENTREGA DE PREMIOS DO SAMAÍN

 Como sabedes o pasado venres 30 de outubro celebramos un particular Samaín no instituto. Temos que agradecer a vosa participación a pesares de que estes tempos non animan moito á festa. Grazas a vós tivemos máscaras aterradoras e cabazas terroríficas. 

Despois do esforzo realizado chegou a hora de recoller os merecidos premios, e o venres 6 de novembro tivo lugar na biblio a entrega destes recoñecementos.

Os agraciados no concurso de cabazas foron: Salva, Leo, Antía, Anxo, Uxía, Yessica e Brais. Noraboa polo voso traballo e a vosa imaxinación!


Pero isto non foi todo, o derroche de arte na elaboración das máscaras non quedou atrás, polo noso photocall desfilaron un sinfín de arrepientes creacións. O xurado non o tivo fácil, e finalmente os premios foron para: Lidia, Brenda, Yanira, Sergio e Claudia. Parabéns!!!




Unha vez mais grazas a todas e todos os que participáchedes e ... ídevos preparando para a convocatoria de Nadal, que xa non queda nada!





Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"