BIG LITTLE LIES

 E continuamos recomendado series para as nosas lectoras e lectores!!!

Hoxe propoñemos de novo unha serie estadounidense que se pode ver na plataforma HBO, trátase de Big Little Lies, traducido ao galego sería algo así como: "Pequenas grandes mentiras". Coa presenza de actrices consagradas como Nicole Kidman ou Reese Whiterspoon, a serie con dúas tempadas xa rematadas e cun final aberto, cóntanos as vivencias e peripecias de cinco nais nunha California idílica e actual. Pero, non é ouro todo o que reluce, e segundo avanza a historia coñecemos os medos, os traumas, os vicios, as debilidades destas "supermamás", que ante todo, defenden aos seus fillos. 


Nos capítulos podemos atopar cinco vidas diferentes, cinco historias coas súas cicatrices... e sobre todo atopamos un desenlace final da primeira tempada que nos vai deixar sen palabras. As mulleres son as protagonistas, elas ódianse neste relato contemporáneo sobre a familia, pero tamén son as féminas as que se unen ante o abuso: un claro canto e louvanza ao empoderamento da muller.



Longa vida ás relatos de mulleres, escritos, dirixidos e intepretados por elas, tal e como sucede en Big Little Lies.

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"