TAL DÍA COMO HOXE...FAI 30 ANOS

O 9 de novembro de 1898 caía a cicatriz visible da II Guerra Mundial. Tras o conflito Alemaña foi repartida e dividida en dous bloques: por unha banda, na zona occidental as potencias vencedoras (Estados Unidos, Reino Unido e Francia) crearon a República Federal Alemá (RFA), por outra banda, na zona oriental a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS) fundou a República Democrática de Alemaña (RDA). 


A mesma división reproducíase na capital do país: Berlín. Nesta cidade os soviéticos decidiron construír un muro que simbolizaba a división infranqueable entre dous mundos enfrontados. Tratábase dun paredón de case catro metros de altura que atravesaba máis de corenta e cinco km da cidade e protexido por perigosas medias de seguridade. Estivo en funcionamento 31 anos dende a súa inauguración o 31 de agosto de 1961. Durante este tempo foron moitas as persoas que intentaron cruzar o muro: máis de 100.000 intentaron fuxir, foron detidas máis de 3.000 e morreron unhas 125 segundo as cifras oficiais, aínda que outras fontes computan que máis de 600 abatidas a tiros. 


Todo terminou un xoves 9 de novembro cando o dirixente da RDA, Günther Schabowski, protagonizou unha roda de prensa na que declarou que a xente do Berlín oriental podía cruzar a fronteira “de inmediato”. Os periodistas difundiron a noticia a os cidadáns lanzáronse ás rúas para cruzar os postos fronteirizos. 


En definitiva, Que significou o derrubamento do muro? A transcendencia histórica deste acontecemento abriu unha reflexión global que afectou a todo o noso mundo cultural. Son moitos os libros que recollen esta temática (e algúns témolos na nosa biblioteca) pero tamén inspirou a músicos e incluso - como non!- aos creadores da serie dos Simpson. 


Algúns exemplos son os seguintes:

13 LIBROS

- El saltador del muro (Peter SCHNEIDER)

- El muro de Berlín (Frederick TAYLOR)

- La torre (Uwe TELLKAMP)

- La caída del Muro de Berlín (Jean-Marc GONIN e Olivier GUEZ)

- El espía que surgió del frío (John Le CARRÉ)

- Zona de tránsito (Julia FRANCK)

- Noticias de Berlín. Crónicas de antes y después de la caída del muro (Cees NOOTEBOOM)

- Es cuento largo (Gunter GRASS)

- El cielo partido (Crista WOLF)

- Historia del presente. Ensayos, retratos y crónica de los 90. (Timothy GARTON ASH)

- El inocente (Ian MCEWAN)

- En tiempos de luz menguante (Eugen RUGE)

- Los hermanos (Briggite REIMANN) 



13 CANCIÓNS

- Pink Floyd «The Trial» : https://www.youtube.com/watch?v=KfR653Rv92s&feature=emb_logo&has_verified=1

- David Gilmour «A great day for freedom»: https://www.youtube.com/watch?v=hzYvF7sWWPw&feature=emb_logo

- Sex Pistols «Holidays in the Sun»: https://www.youtube.com/watch?v=2Ah1JM9mf60&feature=emb_logo

- Scorpions «Wind of Change»: https://www.youtube.com/watch?v=n4RjJKxsamQ&feature=emb_logo

- Nena «99 Luftballons»: https://www.youtube.com/watch?v=7aLiT3wXko0

- Elton John «Nikita»: https://www.youtube.com/watch?v=Tg-Q-Acv4qs&feature=emb_logo

- David Hasselhoff «Looking for freedom»: https://www.youtube.com/watch?v=SNpCn0nAlR0&feature=emb_logo

- David Bowie «Heroes»: https://www.youtube.com/watch?v=FdykmbbaZI8&feature=emb_logo

- Lou Reed «Berlin»: https://www.youtube.com/watch?v=X_83BliFcFg&feature=emb_logo

- Nino Bravo «Libre»: https://www.youtube.com/watch?v=yYZmfpAA0Zo&feature=emb_logo

- La Unión, en la canción «Berlín»https://www.youtube.com/watch?v=IjgSMhbbOmg&feature=emb_logo

- Joaquín Sabina «El Muro de Berlín»: https://www.youtube.com/watch?v=DmGQ5zdcrB0&feature=emb_logo

- Boikot «El Muro de Berlín» : https://www.youtube.com/watch?v=_shqut6wXRo&feature=emb_logo


Nas efemérides deste acontecemento preguntámonos:

Existen na actualidade outros MUROS que nos dividen como cidadáns?







Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"