CRÓNICAS DUN LECTOR APESTADO 2

Víase vir: a cousa comezou como quincena pero acabará en corentena. Agora xa sabemos que, amais do cordón sanitario político, imos padecer un máis prolongado cordón sanitario sanitario.

Niso consiste unha corentena, desde que a finais do século XIV, co gallo da Peste Negra, o porto de Marsella estipulase que a duración do illamento da poboación tería que ser de 40 días. Viva a marsellesa!

Crían entón que eran os días necesarios para que pasase a fase crítica da enfermidade. Con todo, parece que había algo de simbolismo relixioso no número: tamén foran 40 os días do Diluvio Universal, ou os días que pasou Xesucristo no deserto, ou os días que dura a Coresma… Xa vedes, feitos moi acaídos para esta Semana Santa digna de esquecer…

Ánimo, xa van alá quince días. Quedan outros quince (máis ou menos). 


Dan para ler un libro un pouco groso, ou para escribir un relato (micro ou macro) sobre o que nos está a pasar. Se vos animades, podedes mandalo ao correo do instituto… De seguro que nalgún sitio poderá divulgarse.

Ata outra…

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"