CRÓNICAS DUN LECTOR APESTADO 4


En Galicia non faltan topónimos como San Lázaro ou A Lazarada. O primeiro, por exemplo, en Santiago, onde se atopa o célebre barrio do mesmo nome; do segundo, en Cee, pois preto do colexio hai un lugar chamado Fonte da Lazarada, a onde irían os enfermos a sandar as feridas coa presuntamente salutífera auga desa fonte. E hai moitos máis topónimos.

San Lázaro era o santo ao que se encomendaban os que tiñan enfermidades infecciosas, como a tuberculose ou a lepra, que eran confinados e illados, sen maiores atencións hixiénico-sanitarias, nos lazaretos. Na illa de San Simón, na ría de Vigo, houbo un lazareto, e tamén en Oza, na Coruña.

Desde a Idade Media, tamén en Betanzos foi destinado aos lazarados unha barriada, a da Magdalena, algunhas de cuxas vivendas aínda se conservan. Da capela da Magdalena alí ubicada procede a talla dun santo apestado única en Galicia, amosando as chagas e bubóns.



A toponimia deixou a pegada dos lázaros, lazaretos, lazarados e lazaradas na nosa terra. Unha boa lectura para aprendermos estas curiosidades é ¿Por que se chama así este sitio? de Luz Méndez, un libriño de moi doada lectura e moi ameno, axeitado para todas as idades. É un deses libros que deixa pegada.






Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"