CREACIÓN LITERARIA EN TEMPOS DE CONFINAMENTO


Corren tempos de confinamento, de corentena. de permanencia nas nosas casas para enfrontarnos ao COVID-19. Con probabilidade todas e todos temos máis tempo para pensar e reflexionar sobre o que está a pasar ao noso arredor. Ese rebulir das nosas cabezas pode reflectirse na escrita e, quen sabe?, pode ser unha boa oportunidade para demostrar a nosa creatividade no eido literario. 

É por iso que vos quero falar do I Concurso de microrrelatos #carballomola# en Instagram.

Tedes a oportunidade de plasmar nunha breve creación literaria os vosos pensamentos, ideas ou reflexións relacionadas coa experiencia do confinamento orixinado pola pandemia do coronavirus. 


                                        

Aquí vos deixo as bases do concurso e animádevos a participar!!!

1. A participación no I Concurso de Microrrelatos #carballomola está aberta a calquera persoa usuaria de Instagram, sen límite de idade.
2. A temática do microrrelato será o confinamento. Deberase mencionar a palabra confinamento e/ou facer referencia a el no texto.
3. Só se admitirán textos en galego.
4. As obras deberán ter unha extensión máxima de 77 palabras, sen contar o título. Acompañarase unha fotografía, ilustración, vídeo ou similar que garde relación co texto.
5. As persoas que queiran participar publicarán os micorrelatos nas súas contas persoais, etiquetando a @carballomola. No texto incluiranse os hagstags #carballomicrorrelatos, #normalizaciónlingüísticacarballo e #carballomola
6. O prazo para participar estará aberto dende o 9 ata o 22 de abril de 2020.
7. O microrrelato que acade máis “gústame” ata as 24.00 horas do 22 de abril será o gañador do concurso.
8. O nome do gañador ou gañadora farase público o xoves 23 de abril, Día do Libro, a través da páxina web www.carballo.gal e das redes sociais do Concello de Carballo.

9. O premio consistirá na publicación do microrrelato, xunto coa imaxe que o ilustre, na páxina web do Concello de Carballo; un lote de produtos co logotipo “Eu quero a Carballo” e un vale de 150€ para gastar en librarías de Carballo.


Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"