CRÓNICAS DUN LECTOR APESTADO 3
Acaba de morrer Uderzo. Que quen é Uderzo? O debuxante de Astérix, parella artística de Goscinny -xa falecido en 1977- e guionista do cómic.
A morte de Uderzo é noticia, desde logo. Pero é dobre noticia, porque na entrega Astérix en Italia, do 2017, os dous galos enfróntanse nunha carreira de cuadrigas a un tal... Coronavirus! É unha personaxe enmascarada que case gaña a carreira (case: Astérix e Obélix gañan sempre, non vos esquezades).
Casualidades da vida: inmersos nesta pandemia por culpa do coronavirus, morre Uderzo, que uns tres anos xa nos falara dun Coronavirus...
Por certo, non hai excusa para non ler algún cómic de Astérix e Obélix. E para recordar que na biblioteca do centro temos bastantes...
Como escribiu Cervantes: "paciencia y barajar"...
Ata outra...

Comentarios
Publicar un comentario