MÁIS CIENCIA EN LINGUA GALEGA


Sabiades que a ONU declarou o 2019 como o Ano Internacional da Táboa periódica?

Pois ben, son numerosas as iniciatias que están agromando arredor desta homenaxe e, por suposto, tamén no ámbito da lingua. Cento cincuenta anos despois de que o científico ruso Dimitri Mendeleev presentase a táboa periódica, acaba de publicarse a súa versión en lingua galega. Os 118 elementos que a conforman, fronte aos 63 iniciais, están agora disponibles para a súa descarga e tamén nunha tiraxe física de 13.000 exemplares.
Esta iniciativa partiu dos químicos da Universidade de Santiago Manuel Bermejo, Ana González Noya e Marcelino Maneiro, autores da Guía dos elementos químicos. Historia, propiedades e aplicacións, obra divulgativa que supón a primeira oferta de denominación normalizada e oficial dos nomes dos elementos químicos en galego.



Alén do aspecto lingüístico,  a obra visibiliza tamén voces protagonistas da química, entre elas mulleres de grande importancia na historia do coñecemento, engaden os autores a só unhas semanas da celebración do Día da Muller e a Nena na Ciencia. É o caso, entre outras, de Ida Eva Tacke, codescubridora do renio; Marguerite Perey, descubridora do francio; ou Lise Meitner, codescubridora do protactinio e lembrada co nome dado a outro elemento, o meitnerio.

A edición galega da táboa periódica débese á colaboración institucional do Consello da Cultura Galega, o grupo de investigación da Universidade de Santiago CienciaNOSA, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Real Academia Galega de Ciencias e a Real Academia Galega.


Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"