"LA VERBENA DE LA PALOMA"
O Teatro da Zarzuela, dentro do marco do "Proyecto Zarza", presenta como nova produción "La verbena de la Paloma" con música de Tomás Bretón e libreto de Ricardo de la Vega, en versión libre de Pablo Messiez e coa dirección musical de Oliver Díaz.
Esta nova versión mantén todos os números musicais, pero cambia os textos que non son cantados, que nesta proposta escénica foron adaptados a unha historia que se sitúa nun centro cultural de barrio que está a piques de ser inaugurado.
A festa, a calor, a paixón, os ciumes...e a forza de valores como o traballo en equipo, a confianza, o poder da música e o ser conscientes de sentir cada momento como algo único e máxico, achégannos a unha obra clave da lírica española a través desta poderosa aposta que unha vez máis pon de manifesto o compromiso do Teatro cos novos.
O pasado venres 1 de marzo foi emitida en streaming esta nova versión da coñecidísima zarzuela, que cumpre este ano nada menos que 125 anos dende a súa estrea no madrileño Teatro Apolo, aló polo ano 1894. A súa estrutura dramática corresponde ao xénero chico, e dicir, un único actor dividido en tres cadros.
Anímovos a que a vexades na canle de Youtube que ten o propio Teatro da Zarzuela, non vos deixará indiferentes!
Comentarios
Publicar un comentario