CONCURSO DE DESEÑO E IMPRESIÓN 3D



Este concurso vai dirixido a TODOS aqueles alumnos/as do centro que queiran participar.

CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN:
1ª Categoría tecnolóxica: deseña un obxecto tecnolóxico como engrenaxes, mecanismos, estruturas de pontes…
2ª Categoría artística: deseña unha xoia, unha peza artística ou arquitectónica

PREMIOS:
Os tres finalistas de cada unha das categorías obterán o seu deseño impreso unha vez remate o concurso.
Finalmente os gañadores de ambas categorías recibirán un regalo especial.

BASES DO CONCURSO:
Ferramentas informáticas que se poden utilizar:
Programas de debuxo en 3D como SketchUp Make ou Tinkercad.
Estas ferramentas son libres e gratuítas e na Internet tes titoriales para aprender a manexalas de xeito sinxelo. No blog da biblioteca imos deixar os enlaces ás páxinas web necesarias.
Desde o departamento de Tecnoloxía podemos axudarche a resolver as túas dúbidas.
Requisitos técnicos:
Debido ao tamaño da impresora da que dispoñemos, o obxecto non pode superar as dimensións de 18×18×18 cm unha vez escalado. Poderanse entregar un o varios arquivos de acordo co número de pezas necesarias a ensamblar.
Requisitos na entrega:
Xunto cos arquivos do deseño é obrigatoria a entrega dun documento escrito en galego no que se xustifique o obxecto deseñado e as instrucións da montaxe e manexo.
Entrega de ficheiros e fecha de entrega:
Terás que enviar os arquivos dos debuxos ao correo do departamento de Tecnoloxía: tecnologiaponteceso@gmail.com antes do 2 de maio de 2019 ás 23:55.
Para a entrega dos deseños tes dúas opcións segundo o programa que uses no deseño
  • O arquivo .skp, se se realiza en SketchUp
  • A entrega do link, se se realiza no Tinkercad (terás que facer público o teu deseño para obter o link)
Non te esquezas de entregar o documento (en MSWord ou en OpenOffice) que xustifica o teu deseño
¿Qué se valorará?
A orixinalidade, a utilidade do deseño, a facilidade para a súa impresión, a descrición do obxecto e a claridade nas instrucións da montaxe e manexo.

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"