DICIONARIO DA COMIDA GALEGA

Quince anos de traballo investiu o escritor Xavier Rodríguez Baixeras na elaboración do Dicionario da Comida Galega. Do abadexo á zorza, O autor cataloga e sistematiza todos os aspectos relacionados coa cultura gastronómica de Galiza desde os puntos de vista histórico, lingüístico e literario. A obra contén máis dun milleiro de entradas con todas as voces relativas á cultura gastronómica galega. Baixeras, o autor, di que non se trata só dun dicionario de cociña. Que quixo falar da comida no seu conxunto como parte fundamental da nosa cultura, tanto das materias primas como da pegada que a gastronomía deixou na nosa literatura. “Era necesario”, indica Baixeras, “que se aclarase a enorme variedade lingüística que o galego ten para definir termos relacionados co comer. Cada produto ou proceso de cociñado ten varios nomes segundo as zonas. Agora, con este traballo, coido, poderemos saber mellor de que falamos cando nos referimos a tal ou cal aspecto da mesa”.

Aaaaaah! Novidade!
Para os amantes do Hip Hop galego: Dios Ke Te Crew, presenta novo disco, O Ciclo da Serpe, oito anos despois do anterior e coa formación reducida a trío

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

POESÍA Y REDES SOCIALES