CONTA ATRÁS PARA FALAR DE "CONTRA TODO ISTO"


Hai xa uns meses que o club de lectura de 1º de Bacharelato e 4º de ESO adentrouse na lectura da obra de Manuel Rivas "Contra todo isto". Un manifesto rebelde. 
Trátase dunha obra ensaística, de talante reflexivo sobre diferentes temas de actualidade, unha obra que nos convida a non mirar cara outro lado ante a corrupción, retroceso de libertades, a desigualdade, a domesticación intelectual, a burocratización do ensino, o machismo, a indiferencia ou o cinismo. A ollada directa a estes temas ha de ir acompañada dunha rebeldía eficaz, esta rebeldía ten a súa orixe no sentimento da vergoña porque aquilo que nos avergoña abre paso a esperanza.

                                             

A piques se rematar a lectura da obra, o club de lectura está traballando arreo para poder recibir no noso centro ao autor da obra, Manuel Rivas, o vindeiro 28 de marzo. Gozaremos dun encontro literario co escritor grazas a nosa participación no programa de fomento da lectura "Leer te da vidas extra" do Ministerio de Educación, Ciencia e Deporte.

                                           


Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"