O MUSEO DO PRADO A ESCENA! PARABÉNS!!!

O Museo do Prado está a piques de cumprir 200 anos, un número redondo que xa están a festexar. Nada menos que dous séculos coleccionando arte nacional e internacional, unha colección real que comezou con pinturas de Tiziano e que hoxe en día pode presumir de contar coas maiores coleccións de El Bosco, Tiziano, El Greco, Rubens, Velázquez e Goya entre outros. 

Ana Belén acompañada ao piano polo seu fillo David San José,
coa obra "Los fusilamientos" de Goya ao fondo.
Foto de Alberto Nevado

Como parte desta celebración, o pasado 3 de decembro, grandes representantes da escena teatral, dirixidos pola Compañía Nacional de Teatro Clásico (CNTC), pisaron as táboas do Teatro da Comedia interpretando pasaxes do teatro universal mesturados con imaxes das obras dos mestres da pintura no espectáculo “Ecos do Prado”. Mario Gas, Josep María Flotats, Blanca Portillo, Nuria Espert, José María Pou, Aitana Sánchez Gijón, Verónica Forqué, Emilio Gutierrez Caba, Gonzalo de Castro,Vicky Peña, Manuela Velasco, José Luís Gómez e Ana Belén foron os escollidos para subirse ao escenario para escenificar este diálogo entre as artes plásticas e o teatro. 



Nuria Espert coa pintura "Las Tres Gracias" de
Rubens. Foto de Alberto Nevado

As pinturas escollidas foron cadros de Velázquez, Boticelli, Matías Moreno González, Eduardo Rosales, Ángel Lizcano Monedero, Rafael Sanzio, Antonio Muñoz Degrain, Goya, Francisco Collantes, Francisco Padilla, El Bosco, Tiziano, Rubens e Zurbarán; un total de 14 imaxes  acompañadas por textos de once escritores mais unha canción, dende Shakespeare ata Víctor Manuel. 

Ao final todos saíron a escena para dar lectura ao artigo co que Alberti relatou a evacuación das pinturas do Museo do Prado durante a Guerra Civil, publicado na revista O Mono Azul o 3 de maio do 1937. 

Unha velada do mais emotiva para festexar un aniversario que non debemos deixar pasar sen facer unha visita ás súas salas...e por se vedes que vos queda moi lonxe aquí deixo o enderezo da súa páxina web para que polo menos o visitedes virtualmente. 

Non deixedes de facelo!!!


Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"