A PALABRA DO ANO 2018


Cal sería para cada un de vós a palabra que mellor define o que foi o ano 2018?

Afouteza (2017), irmandade (2016) refuxiados (2015) e corrupción (2014) foron as palabras que o público escolleu nos anos anteriores. Todas elas, por algún motivo, resumen ou identifican unha realidade destacada do seu ano. Termos que se repetiron día tras día nos medios de comunicación, palabras que cobraron forza e irromperon na fala cotiá da rúa… E neste 2018 a piques de rematar, cal é para vós a Palabra do Ano?

Escollela vai ser un proceso colectivo con tres fases.

Primeira fase
Recepción de propostas. Recolleranse todas as que as persoas que desexen participar envíen desde o 4 de decembro, ata as 23:59 horas do domingo 16 de decembro. Sabemos que non é doado decidirse, así que podes mandar unha ou varias palabras.

Segunda fase
Ábrese o luns 17 de decembro. De entre todas as propostas rexistradas na fase primeira, elixiranse as palabras máis repetidas ou algunha que represente unha temática compartida por distintas persoas participantes. Poderase votar polas seis finalistas ata o martes 25 de decembro ás 23:59 horas.

Terceira fase
Tras recontaren os votos, o xoves 27 de decembro darase a coñecer a que será Palabra do Ano 2018.

Queres participar na elección da Palabra do Ano 2018? Só tes que premer nesta ligazón!: https://portaldaspalabras.gal/palabradoano/



Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"