23 de febreiro: DÍA DE ROSALÍA

 

Este curso conmemoramos o Día de Rosalía o máis preto posible da nosa autora.

 O alumnado de 1º de Bacharelato desprazouse a Santiago para participar na celebración dos actos que a Fundación Rosalía de Castro organizou para ese día.  Acudimos á Praza de Vigo para presenciar a ofrenda floral á autora e o recital de versos de Rosalía de alumnado dos centros de primaria da cidade compostelana.



A continuación, acompañados da Alborada cos Carapaus, desprazámonos ata o Panteón de Galegos Ilustres (San Domingos de Bonaval) onde participamos na lectura de poemas rosalianos e escoitamos a música dos Carapaus e Uxía & Javier Ruibal. Os nosos alumnos Loia Herforth e César Becerra representáronnos no acto coa lectura dos poemas: "Estranxeira na súa patria" e "Tecín soa a miña tea". 



Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

ESOPÍAS?

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"