La Lindona de Galicia
Para conmemorar o Día Mundial do Teatro de 2021, O Consello da Cultura Galega recuperou un texto excepcional. O dramaturgo Andrés de Claramonte escribiu a principios do século XVII a obra La Lindona de Galicia , unha peza teatral moi poucou coñecida na actualidade pero que conta con tres dimensións singulares para a nosa cultura: está ambientada nas loitas medievais polo trono de Galicia, nela a lingua galega convive en normalidade co castelán e descubrimos a unha gran personaxe literaria: a Lindona, unha poderosa e independente muller, gobernadora de facto do reino de Galicia. No especial preparado polo CCG poderá acceder a diferentes contidos que permiten coñecer esta sobranceira peza teatral, e que se publicarán na súa web e nas redes sociais do Consello da Cultura Galega entre o venres 25 de marzo e o martes 2 de abril de 2021, como a primeira ficción sonora producida pola institución, ou artigos de contexto elaborados por reputados especialistas sobre a obra, a Galicia da ép...