QUE FACER NO NADAL?
É bastante probable que nos próximos días, te fagas con frecuencia esta pregunta: que merco para esta ou aquela persoa? Queremos darche un consello: non gastes moitos cartos e, sobre todo, non entres nese vórtice de consumo, no que nos mergullamos cada ano por estas datas. Mais, se non podes ou non queres evitalo, recomendámosche que fagas agasallos na túa lingua. Como suxestión, podes visitar, por exemplo, a seguinte páxina, aínda que non é a única. agasallo.eu ou ben podes axudarte da app Abertos ao galego onde atoparás comercios e estabelecementos comprometidos coa nosa lingua. E chegou o descanso merecido tras unha semana chea de actividade, a celebración do día do himno, o encontro poético e o acto contra a violencia de xénero. Deixámosvos os enlaces do eco que estas actividades tiveron na prensa escrita. https://www.lavozdegalicia.es/m/noticia/carballo/ponteceso/2018/12/21/span-langglponteceso-viviu-dia-do-himno-poesia-musica-floresspan/0003_201812C21C89...