Coñecendo a Coralia e Maruxa


 

Hoxe 5 de marzo, o alumnado de 2º de bacharelato asistiu na biblioteca a unha charla da autora e ilustradora Cari Ca, quen presentou o seu libro Coralia e Maruxa, unha obra que recupera a verdadeira historia das irmás Fandiño, figuras emblemáticas de Santiago e símbolo de resistencia fronte á represión franquista.

Durante o encontro, a autora explicou o proceso de investigación que a levou a reconstruír a vida de Coralia e Maruxa máis alá da imaxe popular coa que adoitan ser lembradas. Subliñou a importancia de devolverlles dignidade e visibilidade, e de comprender o contexto histórico que marcou as súas vidas.

O alumnado participou activamente, formulando preguntas sobre memoria histórica, ilustración e divulgación cultural. A sesión converteuse nun espazo de reflexión sobre o papel da arte e da literatura na recuperación das historias silenciadas.



Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

ESOPÍAS?

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"