Escritoras e artistas
No día de hoxe, o alumnado asistiu á charla “Revivindo a escritoras e artistas”, unha proposta da Universidade da Coruña centrada en recuperar e visibilizar creadoras que foron silenciadas ao longo da historia. A sesión permitiu descubrir escritoras e artistas pouco coñecidas, reflexionar sobre os motivos da súa invisibilización e comprender a importancia de revisar o canon cultural con perspectiva crítica. O alumnado participou activamente, facendo preguntas e conectando os contidos coa súa formación académica e coa igualdade de xénero.
.jpeg)

Comentarios
Publicar un comentario