Unha poeta... unha árbore



Este ano, para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado a Luísa Villalta, realizamos unha homenaxe á escritora Rosalía Fernández Rial.

Continuando coa tradición de cada ano de bautizar unha árbore do noso xardín co nome dunha figura literaria representativa da Costa da Morte, hoxe dedicamos un "carballo" a Rosalía Fernández Rial. Pensamos que nada mellor que un "quercus robur" para simbolizar o que representa para nós a docente, a poetisa, e a divulgadora cultural Rosalía Fernández Rial. Os seus versos érguense recios e vigorosos como un carballo galego. Rosalía como o carballo é un símbolo de fortaleza cultural e literaria galega. E por todo iso, pensamos que a elección desta árbore simboliza a grandeza e influencia de Rosalía Fernández Rial para o noso centro educativo.


O alumnado de oratoria tamén participou nesta homenaxe lendo versos da autora.

  Por último, as melodías dos músicos encheron todo o patio de alegría e ganas de botar un baile, así que a rapazada animouse cunha foliada do máis concurrida!!!






Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"